jueves, 27 de febrero de 2020

ENTROIDO


Este ano o noso disfrace estaba relacionado co xogo que aprendimos a xogar: A OCA. E claro, para xogar á oca precisamos fichas, dados e cubiletes. Así que...por que non facelo ó grande???





O venres foi un día moi especial no que non faltou unha merendola diferente, coas cousas que máis nos gustan (e tamén algunhas plumas que se soltaron,jeje).




Despois do recreo CHEGOU O GRAN MOMENTO. Todos preparámonos para desfilar diante das familias, ordeados por cursos e cos nervios a flor de piel.




E así, en forma de semicírculo, o ciclo de infantil preparámonos para facer a función. Que ilusión ver a tantas ocas bailando "coma os humáns"!! je, je.



Así que se non puidéchedes vernos ou queres velo de novo, aquí vos deixo o vídeo:


No hay comentarios:

Publicar un comentario