Polo Día de Rosalía todo o colexio traballamos arredor dunha poesía desta gran escritora galega:
Ó ciclo de Educación Infantil tocounos profundizar na 1ª e 9ª estrofa. Aínda que algunhas partes nos costou, as familias puxéchedes da vosa parte para que puideran memorizar mellor a parte que lle tocaba a cada un e unha.
Dado que na aula temos un alumno con TEA, tamén decidimos que, os de 5 anos, traballaríamos as nosas estrofas utilizando palabras e pictos, como aquí podedes ver.
Dado que o 24 non había cole, trasladamos a celebración para o venres 28, onde levarán para casa un marcapáxinas da poesía como agasallo do EDLG e cunha careta de Rosalía que elaboraron na aula (subiremos foto)
No hay comentarios:
Publicar un comentario