Como o noso proxecto é "Xogamos?" explicáronnos como xogaban na súa infancia. Comentáronnos que utilizaban trapos para facer as bonecas, teas, pedras, paus...e moitos materiais que atopaban pola casa e por fóra dela.
Tamén nos comentou unha usuaria que, como na súa casa non tiñan reloxo, sabía que era a hora de ir á escola cando escoitaba o tren que pasaba, preto da súa casa, cara a Santiago ás 09.00 da mañá.
Despois amosáronnos un xogo no que precisaban area da praia, un saco e cordón para atalo. Xogaban por equipos a lanzalos e o gañador era o que a lanzaba máis lonxe. E claro, déronnos a oportunidade de poñelo a cabo e xogar nós por equipos!!!
1º turno
2º turno
3º turno
4º turno
5º turno
Cando rematamos, recibimos un gran agasallo por parte deles que viña nun paquetiño.
Eran uns xabóns aromáticos para que usemos na clase!!!
Foi unha experiencia maravillosa, moi divertida e cargada con moito agarimo. Encántannos recibir a estes avós e a estas avoas porque aprendemos moitísimas cousas deles e delas. Agora agardamos ir visitalos algún día a Poio!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario