sábado, 11 de enero de 2020

NON MÁIS PIOLLOS (Recomendacións)

Na cabeza dalgúns peques e maiores aparecen lendres e piollos e, algunhas veces, son complicados de "exterminar".

Quero recomendaros un sistema sen productos químicos e que asisten a domicilio. É o caso dunha chica que se chama María (antes tiña o baixo de "No más piojitos" pero ahora se dedica a desplazarse a domicilio). Utiliza una especie de aspiradora pero, cuya boquilla, es especial para liendres y piojos, con una liendrera incorporada y, en un pis pas, los elimina.

O máis importante e que é rápido, indoloro e sen química. O prezo é asequible e accesible, pero pode variar según a distancia ó domicilio e as características do cabelo (moi rizado,...).




SPRAY PREVENCIÓN
Moitos sabedes que hai sprays para prevenir e é recomendado botarllo 2 veces ó día, polo menos, sobre todo antes de ir ó colexio, sobre todo. Moitos deles teñen un "aroma" peculiar, pero eu vos recomendo este que adxunto abaixo que, a parte de ser desenredante, o aroma é de fresa!!!!

Sobre todo botalo pola parte da nuca e das patillas que onde soen focalizarse máis.




LENDRERA
Hai moitos tipos de lendreras (plásticas, metálicas,...) pero a máis recomendada e a mellor é a que aparece na imaxe de abaixo pero, no que tedes que fixarvos é que sexa de metal e que as "púas" teñan coma varios cortes como se lle houbésemos tratado de cortar cun coitelo, desa maneira, a púa non é completamente lisiña e as liendres e piollos quedan suxeitos neses cortes.

 PREVENCIÓNS POSTERIORES

1.-Unhas cousas que hai que ter en conta e que non todos o sabemos, é que despois de "despiollar", hai que ASPIRAR a cama e a almofada onde durme o peque ou adulto, e ata a tapicaría do coche, sobre todo na parte do reposacabezas. Parece unha tontería pero comprobouse que moitas veces os piollos chegan a traspasarse e vivir nestes sitios, e comprobouse que está relacionado coas recaídas ou novos contaxios.

2.- Botar o spray dúas veces ó día  (durante o curso escolar antes de ir ó colexio ou ir a unha extraescolar...)

No hay comentarios:

Publicar un comentario