O outro día estivemos falando do xogo do Parchís e que moitos xa coñecían. O problema do parchís é que as partidas duran moito pero moitos comentaban que, pola parte de atrás, estaba o xogo da oca que é máis rápido.
Así que, ó día seguinte, apareceron 3 taboleiros na aula para que poideran xogar por equipos. Comezamos o achegamento a este xogo na clase de valores. Desa maneira, iamos adiantando o proceso e logo, cada un deles, estaría encargado de ensiñarlle a xogar ós demáis compañeiros.
Precisabamos un dado que a mestra lles prestou pero, e as fichas, onde estaban? Non tiñamos fichas de cores pero...si tiñamos plastilina!!!! Polo que, cada xogador, colleu un anaquiño de plasti e converteuno en ficha.
As normas eran moi sinxelas pero tamén moi claras:
- Prohibido facer trampas.
- Respetar os turnos.
- Animar ós outros.
- Alegrarse polo éxito dos compañeiros.
- Non enfadarse se se perde.
- E, MOI IMPORTANTE, xogamos para divertirnos, non para competir.
Tamén aprendimos un novo xogo de mans, que se pode xogar por PARELLAS ou en GRUPO. É "o xogo da oca coas mans" e é un xogo que nos ensinou a mestra Patatafrita de cando era nena.
Cando xogamos por parellas, xuntamos as mans dereitas ou as dúas esquerdas, un frente ó outro, e cantamos a canción mentres imos xirando as mans. Ó rematar a canción, a man que quede enriba, ten que tratar de chocala coa de abaixo e, o de abaixo, ten que procurar que non lla choque e ser rápido retirándoa!!
Cando xogamos en grupo, temos que xuntar as mans e poñelas cara arriba. Co compañeiro anterior, temos que por a nosa man enriba e , co compañeiro de despois, colocar a nosa abaixo.
Despois, cando viñeron os demáis compañeiros, repetimos o xogo todos xuntos, intercalando os que xa sabían xogar polo medio. Que ben o pasamos!!!
Hai moitas familias que me piden o enlace da canción pero, como non existe, aquí vos deixamos un video que fixemos por se queredes xogar na casa.
AGORA, A PASALO BEN
E ENSINAR O XOGO OS VOSOS AMIGOS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario