sábado, 11 de enero de 2020

OS FÓSILES DE DINOSAURIOS

Coma todos os venres, centrámonos no proxecto dos dinosaurios e estivemos investigando sobre os FÓSILES con algúns pequenos vídeos.




Despois de ver estes vídeos, comezamos unha charla conxunta sobre o visto, as súas impresións, dúbidas. Pero, no medio da conversa, xurdíu esto:

... (aparece durante a conversa)...

SOFÍA BEIS: Profe, se os seres humanos non conviviron cos dinosaurios, como se formou o primeiro ser humano para que comenzara a aparecer no mundo?

SOFÍA BUCETA: Naceron do mono.

AINARA: Da barriga do mono?

SOFÍA BUCETA: Si.

BLANCA: Dun mono?

CARLA: Nos viñemos ó mundo, non viñemos de ninguén.

SOFÍA BEIS: Non viñemos dos monos, de ninguno. Viñemos dunha máquina.

XABIER: O meu irmáns di que non puidemos vir da barriga da nosa nai porque non hai sitio.

...(prosegue a conversa anterior)...


Tras rematar a conversa, traballamos arredor dos fósiles de 4 dinosaurios que aparecen no noso caderno. Observamos como eran, os ósos que tiñan parecidos e distintos, se son moitos ou poucos...




... e despois puxémonos mans á obra para colocar a imaxe de cada fósil debaixo do dinosaurio correspondente.








A medida que remataban, escribían por detrás a palabra "fósiles" en minúsculas que previamente traballamos todos xuntos na pizarra.


Ó rematar, fixemos unha actividade de maneira cooperativa:

Debiamos debuxar unha paisaxe con dinosaurios nun folio A3 
e xunto co compañeiro/a de mesa. 

Era importante poñerse dacordo no que debuxar, quen ía debuxar cada cousa, respetar espacios, apoiar ideas, chegar a acordos, xestionar o sitio do folio, permitir que o compañeiro estea cómodo debuxando, alabar o debuxo realizado pola parella,...


Foi xenial observar a compenetración existente entre amigos:














Cando a parella acordou que xa remataran o debuxo, puxéronse a "entintar", é dicir, marcaron os debuxos con rotuladores para logo pasar á seguinte fase: colorear.




Cando rematen as obras, ACTUALIZAREMOS ESTE POST!!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario