miércoles, 27 de marzo de 2019

PREPARACIÓN DO TROTACONTOS (entre escolas)

      Como estes últimos anos, varios colexios de Pontevedra levamos a cabo un proxecto común que é a elaboración dun TROTACONTOS, formando parte o alumnado de primaria e do primer ciclo de infantil. Ó principio de curso, varios representantes dos colexios que queren participar reunímonos para organizar o libro e facemos varias propostas sobre a temática arredor da cal imos traballar. 

   Este ano o título elexido é "OLLADAS DE FUTURO" e, cada un, pode interpretalo como queiramos e diseñalo como acordemos con cada grupo. Este ano participamos as 3 clases de infantil (3, 4 e 5 anos) e os dous cursos de 1º de primaria. É un proxecto que nos levou bastantes semanas pero, valeu a pena o resultado.

     Na nosa aula, centrámonos no tema da reciclaxe e a importancia actualmente. Xa sabemos que hai varios contenedores de cores nos que podemos reciclar:


1.- AMARELO: reciclamos plásticos, envases como zumes, iogures, vasos de refrescos, bricks de leite, botellas de auga,...


2.- VERDE: reciclamos alimentos como froitas,...




3.- AZUL: reciclamos papel e cartón como libros, libretas, follas, caixas de cereais, xornais,...



Pero, pensando no futuro, suxeríuse a idea de que podiamos inventar un novo contenedor e, o color elexido foi, como non, ROSA!!! E, por que? pois porque é a cor do amor e, nese contenedor, pódese reciclar corazóns, os feos convertímolos en bonitos (abaixo aparece o que organizamos e fun escribindo).





Pero, como son os nenos e nenas que teñen corazóns feos? que fan? Pois aquí algunhas das respostas porque, fóronse emocionando, e a lista era máis longa...


Así que atopámonos con que tiñamos a organización na pizarra e tiñamos que poñernos en marcha para levar a idea ó papel. 



4.- ROSA: recíclanse corazóns feos e transformaranse en bonitos. Polo tal, coloreamos de rosa un contenedor e decidimos facernos unha foto facendo algo feo.




    E, despois, traballamos arredor do texto que iamos poñer e o que queríamos contar. Fixemos "brainstorming" de ideas, as mestras Paula e María tomaron nota e e déronlle forma para que puidesemos escribilas e transformalas nun texto.





   Por último, colaboramos de forma cooperativa os 5 cursos que participamos neste proxecto xa que, entre todos, elaboramos a portada deste TROTACONTOS interescolar. Nós fixemos flores, bolboretas, casas e o planeta terra... 






... e o resultado da portada é este:



E, para finalizar, fixémonos unha foto grupal para que apareza dentro do noso TROTACONTOS porque somos uns dos autores e dos ilustradores do mesmo!!! Agardamos que, para o mes de MAIO, leve cada un o seu exemplar para casa.


No hay comentarios:

Publicar un comentario