miércoles, 27 de marzo de 2019

AS COUSAS IMPORTANTES PARA CADA INDIO E INDIA

Durante longo tempo estivemos facendo esta pequena actividade na que traballamos varias cousas.

1.- Cousas que son importantes na vida dos indios norteamericanos (águias, flecha, arco, tipis, fogueira,...) e a razón de que sexan fundamentais no seu día a día.

2.- Os nomes dos nativos, moitas veces asociados a animais, fenómenos atmosféricos, a algo que pasa o día que naceron,...

Foron moitas as sesións que adicamos a poñer cousas en común e a transformala nunha manualidade.

a) Por iso, precisamos as caixas de cartón que, en pequenos grupos, foron poñéndolles papel verde para simular a herba.

b) Despois, elaboramos tarxetas coas imaxes das cousas previamente comentadas co seu nome e tiveron que repasar os seus nomes e colorear os debuxos para, ó remtara, recortalas e pegalas a un palo de brocheta que incrustamos na "terra dos indios".

c) Por último, cada uno trouxo da súa casa o nome indio que elexiu, díxéronllo en alto na clase e, nesta manualidade, escribímola nunha tarxeta que recortaron e pegaron na caixa.

Foi unha manualidade que levou moito tempo pero que fixeron na súa totalidade eles.




 Aquí podedes ver algunhas das fotos sacadas destas marabillas de caixas:









E, por fin, chegou o día na que as puidemos levar a casa!! Estabamos nerviosos e moi ilusionados...




 ... e a alegría de todos á saída foi o mellor de todo!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario