Coa chegada da primavera, o polen invadiu o ambente e brotan nos corpos dos peques un gran nerviosismo que se lles nota na aula. Últimamente estanse "acelerando" máis nas clases de psicomotricidade, en Estimulación da linguaxe, en música...e apenas lles prestan atención porque están distraídos e facendo o que queren. Por iso, despois de varias charlas, optamos por incorporar unha nova actividad na aula:
IOGA
A partir de agora, adicaremos despois do recreo uns minutiños o que será o noso "MOMENTO DE CALMA" (de ser preciso, noutro momento tamén). Trataremos de calmar o noso corpo, que se tranquilicen as nosas pernas, os nosos brazos, a nosa cabeza e que os ollos se relaxen. Desa maneira, conseguiremos que se calme cada espacio do noso corpo e que nos axude a estar máis atentos e EN CALMA. Iremos introducindo novas actividades e en novos espacios...pouquiño a pouco.
O venres foi o primeiro día, a primeira toma de contacto...
No hay comentarios:
Publicar un comentario