Como cada ano, participaremos no programa de Onda Cero "Dálle á lingua". Virá unha periodista o VENRES, 03 DE MAIO ó centro para grabar a todo o alumnado que participa, normalmente os de infantil somos os primeiros.
A partir da volta das vacacións, imos traballar, os de 3, 4 e 5 anos, arredor do mundo da APICULTURA, por iso, inventei esta pequena poesía que imos recitar para o programa. MAÑÁ levará cada un unha fotocopia coa estrofa que lle toca aprender para que, se queredes, poidades reforzar na casa (nesta imaxe hai varios erros que o corrector do ordenador fixo por libre ó escribir en galego, pero no papel da casa xa está correxido. Mais subirei a imaxe da poesía correxida dentro duns días)
Se o aprenden "todo todos" mellor! jeje, pero, ó ser longa, imos dividirnos e, cada estrofa, deberán recitala o grupiño sinalado.
O ano pasado foi un éxito, e este será igualmente exitoso, non si? POIS MANS Á OBRA!
Nº 1.- Sofía Bu, Xabier, Saira, Adrián
Nº 2.- Sofía Bu, Pablo F., Erik L.
Nº 3.- Xabier, Marta
Nº 4.- Saira, Pablo C., Efrén
Nº 5.- Adrián, Amanda
Nº 6.- Sofía Be, Bruno, Leo
Nº 7.- Christian, Ainara, David
Nº 8.- Blanca, Hugo
Nº 9.- Erik D, Carla
Nº 10.- Nicolás, Roi
No hay comentarios:
Publicar un comentario