Como todos os anos, o Colexio Oficial de Xoairía, convocan un concurso para o alumnado dos colexios de primaria de toda Galicia. Este ano non mandaron as tarxetas para participar ó colexio pero, cuadrou que fun poñer unha pila ó reloxo, e o xoieiro tiña tarxetas nas mans e me dixo se quería participar cos meus alumnos porque tiña máis nun sobre dentro da oficina,jeje. Así que...por que non?
Os peques poden participar diseñando a xoia que lle regalarían as súas nais: un anel, unha pulsera ou un colar.
Estaban moi ilusionado, por iso, puxémonos mans a obra, deixaron voar a imaxinación e tiveron moi claro o que ían facer. A sorpresa foi ver que, pese a non comentalo en alto nin estar moitos sentados xuntos, os diseños foron semellantes.
Como vedes, na tarxeta tiñan que firmar cada un o seu diseño. Pola parte traseira, cubrín cos seus datos e puxen o teléfono do centro e o mail da nosa aula, polo que, no caso de resultar finalistas ou gañadores, volo comunicarei URXENTEMENTE!!! Oxalá teñamos sorte porque me encantan os diseños!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario