Hoxe comezamos a xornada cunha cunca transparente na aula. Tamén tiñamos auga que era igualmente transparente e un cucharón que todos comprobamos, un por un, que non tiña nada pero a mestra dixo que hoxe era un día especial
Así que festexaremos o moito que nos queremos os compañeiros nesta aula e, por iso, ía axudarnos a facer un conxuro de amor para que os nosos corazóns se enchan de bos modais e que, das nosas bocas, saian palabras bonitas e dulces cara os demáis, así que, mentres a mestra removía, os nenos e as nenas botaban bicos polo aire e, por arte de maxia, ... a auga converteuse ...
DE COR VERMELLA COMO O AMOR!!!
E botamos un pouquiño de auga de amor en vasiños para quen o quixera tomar.
Todos estaban expectanes e alucinados por o que conseguiran coa forza dos bicos.
Así que un por un, repartimos os vasiños e agardando para beber ata que todos os compañeiros tiveran o seu vaso.
E, a cada un, ese auga lle sabía a algo distinto: a fresa, a cereixa, a xelatiña, a nube,... pero todos dixeron que se sentían cun corazón diferente.
E, nun pis pas, a cunca quedou valeira, e...que pasaría despois?
Pois fixemos varias cousas:
1º) Personalizamos unhas tarxetas para as nosas familias onde lles dábamos as gracias por coidarnos e querernos,
2º) Realizamos tarxetas para os nosos compañeiros/as para agradecerlles que sexan os nosos amigos/as (escribíronlle un pequeno texto " SER O TEU AMIGO FAIME FELIZ, QUÉROTE" e ilustrárona cun debuxo)
3º) Coñecimos unha preciosa historia onde uns botóns eran os protagonistas, un conto moi recomendable:
4º) E, por último, e non menos importante, fixemos un pequeno vídeo conxunto o ciclo de infantil para festexar O DÍA DA AMISTADE!!!! ...e agardamos que vos guste.
Porque no aula, hai moitos amores:
Amores de primos
Amores inocentes
Amores asentados (levan ano e medio)
... e ...
Amores recentes (e detallistas,jejeje)
No hay comentarios:
Publicar un comentario