lunes, 18 de febrero de 2019

PICNIC SORPRESA

     Despois de varios días de chuvia e frío, o SOL é benvido e non hai nada mellor que...



FACER UN PICNIC!!!


   Encántanos facer cousas diferentes de vez en cando, así que collimos as nosas mochilas e marchamos ó noso patio para merendar.





Pero saben que é súper importante manter orden e non erguerse ata rematar, así que, as cousas que queramos tirar ó lixo temos que agardar a rematar de merendar xa que, se andamos erguéndonos e sentándonos, podemos tirarlle a un compañeiro/a o bebible ou zume. Polo que todos estiveron sentadiños, cos tuppers coa merenda e as mochilas o noso caró, e así, tranquilamente charlando, merendamos.







A medida que ían rematando, recollían todo, tiraban cousas ó lixo, deixaban as mochilas arrimadas ó muro de forma ordeada e ían xogar!!!!!

A experiencia foi moi boa e tranquila, onde demostraron a súa madurez e, de seguro, que repetiremos!!!!!!!!!!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario