jueves, 14 de febrero de 2019

UN XORNADA NA VIDA DOS EXPLORADORES DA RUFITECA

Como vos comentaramos, na Rufiteca cada neno/a se converte en EXPLORADOR/A onde, cada semana, temos unha misión. Esta xornada é a do grupo dos venres.

1º) Esta semana pasada a civilización que tivemos que investigar era ROMA, como ben vedes na corcheira, e a nosa cartuliña é a amarela, polo que a pregunta era:

-COMO SE CHAMABA A VESTIMENTA QUE UTILIZABAN OS ROMANOS?

A. Toga
B. Sari
C. Kimono


2º) Cando adiviñamos a resposta en común, fixemos fila para coller a papeleta das respostas.


3º) Imos ás mesas e, co lapis ou co boli, cubrimos cada un a súa tarxeta/papeleta amarela co nome, idade e rodeamos a resposta correcta,




4º) Por último, metemos a tarxeta no noso buzón porque a mestra encargada vai verificar se o que respondemos é ou non correcto.




No hay comentarios:

Publicar un comentario