miércoles, 20 de febrero de 2019

OBRADOIRO "VERBATECA"

Hoxe o alumnado de 4 e 5 anos disfrutaron dun obradoiro organizado polo Concello: VERBATECA.


Neste obradoiro houbo diferentes xogos nos que traballaron aspectos como:

- A memoria
- A observación
- A expresión oral e corporal
- A coordinación
- O achegamento ó vocabulario de diferentes temáticas
- O traballo en equipo
- A identidade cultural e lingüística




Tamén traballaron palabras galegas relacionadas con animais, partes do corpo, profesións, obxetos e natureza.




A medida que conseguían rematar positivamente cada proba, conseguían palabras en galego que formarán o seu tesouro e, desa maneira, ían completando a súa propia verbateca galega.



Para rematar, cada alumno/a recibíu o seu propio cofre pirata cargado de verbas e que deben seguir engadindo máis con axuda da familia.




Para ver máis FOTOS deste obradoiro tan didáctico e divertido, tedes que pinchar na fotografía de abaixo:




No hay comentarios:

Publicar un comentario