viernes, 22 de febrero de 2019

A NOSA HOMENAXE Ó DÍA DE ROSALÍA 2019

Este venres traballamos arredor da figura da escritora galega ROSALÍA DE CASTRO, coñecendo un pouco a súa biografía.



Tamén escoitamos unha fermosa canción sobre "Rosalía Rosalinda":



Quedaron abraiados ó saber que, ó principio, non podía publicar libros por ser muller e, debido a iso, firmaba as súas obras con outro nome, nome de varón.

Conversamos sobre as súas obras, os seus pensamentos e a liberdade de poder pensar o que cada un queira. Por iso, debuxamos e escribimos na pizarra, de forma conxunta, cousas que nos gusten, que sexan positivas, pensamentos cheos de ledicia...e así naceron debuxos e palabras como:

- Liberdade
- Bolboreta
- Estrelas
- Flores
- Sol
- Lúa
- Letras 
- Cores

A partir desto, puxémonos a traballar arredor dos seus pensamentos e, por iso, debuxamos a cara de Rosalía e enchimos a súa cabeza de "pensamentos libres":















E así quedaron uns carteis preciosos, cheos de cor como os da foto e que colocamos no mural da entrada do cole:




E, como homenaxe final, fixemos un  pequeno "agarimo" a esta escritora galega que loitou polos "PENSAMENTOS LIBRES"






No hay comentarios:

Publicar un comentario