Este ENTROIDO estivo cargado de diversión, colorido e moitas manualidades relacionada co proxecto:
1º CARETAS DE INDIOS E DE INDIAS.
Puxemos varias opcións a elexir pero, a maioría, escolleu a mesma que os seus compañeiros e compañeiras. O que si acordamos é que tiñan que decoralas libremente pero con cores alegres.
2º PENACHOS DE XEFES INDIOS
Como aprendimos, os indios soen utilizar cintas con plumas de águias, buitres,...pero os grandes xefes indios usaban PENACHOS e non houbo cousa máis divertida que elaborar os nosos. Así que decoramos as cintas con gomets de cores.
E personalizamos os penachos con plumas de CORES!!!
Sempre temos que encher de colorido os nosos traballos!
Despois de que secaran, xa tivemos listos os penachos e nos convertimos en XEFES INDIOS.
3º MAQUILLAXE
Os indios tamén pintaban as súas caras con pinturas de guerra ou dependendo á tribu ou da categoría dentro da mesma. Para iso utilizaban sangue de animais, tintes de minerais, terra, auga,...pero nos quixemos maquillarnos con simples liñas de CORES!! (tamén podedes velo no apartado anterior)
2º VESTIMENTA
Como broche final, rematamos vestíndonos de INDIOS E INDIAS, Nativos norteamericanos, onde o marrón é o color protagonista na roupa pero, a maquillaxe e as plumas, enchen de alegría o DÍA DO ENTROIDO NO COLE!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario