jueves, 9 de abril de 2020

FACEMOS PLASTILIÑA NA CASA COMO IRIA?

Hai unhas semanas fixemos unha conferencia os de clase e Iria amosounos plastiliña que fixera na casa.




Tíñaa nun bote e deixounos abraiada pola idea.




É moi guai facela porque case todos os ingredientes os temos na casa e divertímonos 2 veces:

- Cando estamos a elaborar a masa

- Cando xa está feita porque podemos XOGAR, E XOGAR, E XOGAR...




Iria compartíu con nos esta receta que atoparedes pinchando na foto de abaixo:


 PLASTILINA IRIA




Pero eu tamén os deixo outra receta, que é case o mesmo, que tamén atopei. O bo de esto é que non precisa cociñarse, nin utilizar o forno...nada.  Soamente precisamos ter colorante alimentario (que non é tóxico) e poderemos ter variedade de cores (certo é que, en ocasións, a calidade do colorante fará que as cores sexan máis ou menos intensas. Outras veces, dependendo da cantidade de masa, imos precisar máis cantidade de colorante como, por exemplo, pasa cos boteciños que atopamos nos supermercados.)





Pero unha cousa indispensable é TELA BEN GARDADA CANDO NON SE USE, nun bote de cristal, nun tupper hermético,...desa manera evitaremos que se seque cando non a utilicemos.






1.- LEO E LUCÍA

Leo ten a sorte que a súa irmá Lucía tamén lle molou a idea e puxéronse a facer plastilina para xogar. Ó principio, Leo non quixo saír no vídeo, por iso vemos so a irmá...




 ...pero, despois, animouse e estaba do máis dicharacheiro falando.



Polo que se ve, parece que lle gustou!!!! Gracias Iria por ensinarnos a facer a masa.!

No hay comentarios:

Publicar un comentario