Tíñaa nun bote e deixounos abraiada pola idea.
É moi guai facela porque case todos os ingredientes os temos na casa e divertímonos 2 veces:
- Cando estamos a elaborar a masa
Iria compartíu con nos esta receta que atoparedes pinchando na foto de abaixo:
Pero eu tamén os deixo outra receta, que é case o mesmo, que tamén atopei. O bo de esto é que non precisa cociñarse, nin utilizar o forno...nada. Soamente precisamos ter colorante alimentario (que non é tóxico) e poderemos ter variedade de cores (certo é que, en ocasións, a calidade do colorante fará que as cores sexan máis ou menos intensas. Outras veces, dependendo da cantidade de masa, imos precisar máis cantidade de colorante como, por exemplo, pasa cos boteciños que atopamos nos supermercados.)
Pero unha cousa indispensable é TELA BEN GARDADA CANDO NON SE USE, nun bote de cristal, nun tupper hermético,...desa manera evitaremos que se seque cando non a utilicemos.
Leo ten a sorte que a súa irmá Lucía tamén lle molou a idea e puxéronse a facer plastilina para xogar. Ó principio, Leo non quixo saír no vídeo, por iso vemos so a irmá...
...pero, despois, animouse e estaba do máis dicharacheiro falando.
Polo que se ve, parece que lle gustou!!!! Gracias Iria por ensinarnos a facer a masa.!
No hay comentarios:
Publicar un comentario