viernes, 22 de noviembre de 2019

SAÍDA Ó MUSEO

Hoxe ía ser un día chuvioso e desastroso pero estabamos cheos de ilusión e emoción porque, pese a choiva, estabamos xuntos e saíamos fóra do colexio!!!



O autobús deixounos preto do museo e, GRACIAS ós deuses, non diluviou ó baixar, se non que caían unhas pequenas gotiñas. Asi que, por unha alfombra de follas caducas, botamos a andar.


Ó chegar ó museo, quitamos os abrigos e os deixamos nunha caixa ENORME, xa que alí facía moita calor.


De forma ordeada, subimos ó primeiro andar porque alí agardaba A LEITEIRA, unha muller que cobrara vida ese día para contarnos varios contos. Ela, normalmente, reside nun dos cadros ou nunha escultura que podedes atopar no Museo de Pontevedra.


Contounos 4 contos maravillosos, con moito misterio, risas e sustos. Algúns os temos na biblioteca do cole e outros foron un descubrimento. Pero o que si podemos dicir foi que nos portamos xenial e estivemos abraiados pola contacontos de principio a fin.


Así que vos invitamos a vir en familia para descubrir en que cadro se agocha a leiteira...poderedes atopala???

No hay comentarios:

Publicar un comentario