Hoxe conmemórase o DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. A verdade é que elexiron un día pero, realmente, son todos.
A cor elexida e asociada a este día é a cor violeta e, por iso, quixemos facer a nosa aportación neste día cun pequeno vídeo onde o MOVEMENTO VIOLETA é o protagonista da nosa mensaxe. Non queremos violencia entre os homes e mulleres, entre as parellas, entre os matrimonios,...todos temos que relacionarnos e querernos por igual, non importa o xénero xa que TODOS SOMOS IGUAIS.
Agardamos que vos guste este pequeno vídeo feito con todo o cariño que inculcamos na aula.
No hay comentarios:
Publicar un comentario