Comenzamos un novo curso cargado de emocións e novidades como, por exemplo, nova pantalla dixital, novos xoguetes nos recunchos, dous compañeiros novos e imos traballar arredor do proxecto dos DINOSAURIOS!!! Que mais podemos pedir?
Algúns chegaron con timidez e con peniña por separarse das súas nais e pais pero, en canto voltamos a estar xuntos na aula, semellaba que non pasara un verán polo medio xa que, non se perderon os hábitos nin as rutinas, e disfrutamos estando organizando a xornada escolar.
Estes primeiros días estamos "asentándonos" pero, en breve, poñeremos o turbo xa que, neste curso, SOMOS OS MAIORES!!! jeje. Por iso, comenzaremos compartindo unha información que quizáis vos interese (se pinchades na imaxe podedes descargar a imaxe en PDF e imprimila):
1.- REUNIÓN CONXUNTA DE INICIO DE CURSO
A reunión que teremos na aula de inicio de curso onde falaremos do que imos traballar neste curso será:
HORA: Ás 16.30 h
DATA: Martes, 24 de setembro
LUGAR: Na aula 3 (a nosa aula)
Tamén podedes acceder ó resumo do falado na reunión REUNIÓN INICIAL 2019-2020.
3.- HORARIO DE ESPECIALIDADES
4.- MERENDAS
Xa sabedes que este calendario de merendas é voluntario e non vou levar control de se se cumpre ou non. Simplemente é por facilitarvos a organización das merendas para que sexan variadas e saudables onde, polo feito de levar todos o mesmo tipo de merenda ese día, anímalles a tomala mellor e, algunhas veces, a querer probalas na casa. A maioría o levades a cabo e é maravilloso!!
5.- HORARIO ESCOLAR 5 ANOS
6.- NOVA GALERÍA DE IMAXES
Debido a que a outra galería do cole está chea e non admite adxuntar máis fotografías, abrín esta nova PARA A NOSA AULA e ir subindo fotografías. Para acceder á galería PINCHADE AQUÍ. (aínda hai poucas)
No hay comentarios:
Publicar un comentario