Esta semana achegámonos un pouco ó mundo dos Dinosaurios. Os dinos acompañarannos durante todo o curso dado que o proxecto anual do centro é "XOGAMOS" e, a través dos dinosaurios, descubriremos moitos xogos de mesa, propostas de xogos para o noso patio, xogos a través de internet,...así que, como hai moitos tipos de dinosaurios diferentes, tamén aparecerán durante o curso xogos distintos para que cada DINO estea contento.
Estes días, gracias a Coletas e Nachete, espertou a nosa curiosidade por coñecer a estes "animais" tan extraordinarios que, aínda que non existen dende hai anos, semellan estar sempre presentes nas nosas vidas actuais. Os nenos e as nenas disfrutaron moitísimo!! Así que aquí deixo o vídeo por se queren voltar a velos.
Tamén estivemos coñecendo a uns poucos dinosaurios e os seus nomes con este video. Como lles gustou moitísimo, pediron poder debuxalos así que, puxémonos mans á obra e, tendo a imaxe na PDI do primeiro dino, recreamos o nome e debuxamos o ANQUILOSAURIO (posteriormente, iremos debuxando ós demáis). Se queren utilizar o vídeo na casa e debuxar, debuxar e debuxar,...aquí volo deixo:
NOMES DOS DINOSAURIOS
E, como colofón final, xa temos preparadas as coronas de cumpreanos, con moito brillo e moita cor!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario