miércoles, 22 de mayo de 2019

SAÍDA Ó MUSEO PARA BAILAR CON MIGALLAS!!!

Que nerviosos estabamos!!! Estabamos emocionados por ir ó Museo de Pontevedra. Así que,por parellas, subimos ó autobús e, como xa somos "maiores" xa se sabían abrochar eles sos o cinturón.













E, durante o traxecto, hai quen lle saba amor á profe...



O autobús deixounos xunto a Ponte do Burgo e, dende alí, puxémonos en marcha...polo Camiño de Santiago!!! (dixeron eles ó descubrir as sinais, as flechas, as cunchas...)



E Amanda súper feliz sendo unha profe en exclusividade...e que ninguén lle quite o posto!



Ó chegar ó Museo, subíronnos no ascensor para baixar ó auditorio...qué emocionante!! un ascensor XIGANTE!!!


E, por fin, sentámonos nas butacas do auditorio e disfrutamos do espectáculo tan divertido de MIGALLAS arredor do seu album "Pan de Millo".



Aquí vos deixo os enlaces a algunhas das cancións que lles fixeron bailar!!!!

PAN DE MILLO



MIÑA ABUELA MANUELA




No hay comentarios:

Publicar un comentario