miércoles, 22 de mayo de 2019

OBRADOIRO DE PLANTACIÓN

Estes días estamos traballando arredor da primavera e, por iso, pedíronme poder plantar pero:

- Que precisamos?
- Que plantamos?
- Que temos que facer despois?

Entre todos, lembraron que precisamos unha maceta, terra e auga. Como non tiñamos macetas, lembraron que, hai meses, viñeran plantar unha semente con compost (a nosa terra máxica) pero que, finalmente, non medrou. Como tiñamos eses envases, quizáis poderíamos aproveitalos. Así que xa tiñamos maceta!!! 



Despois, tíñamos que buscar terra fóra!! Alá fomos pero tamén collimos dunha terra que tiña eu. E, por último, a semente: que sementaremos? flores? patacas? castañas?...un dixo que había un bote con lentellas no armario de manualidades e quizáis podiamos sementalas.






Así que, con todo preparado, dispuxéronse a manchar as mans:


























Despois regámolas e, agora, temos que agardar a que medren para despois levalas a casa...preparádevos os que teñades finca para plantalas con maceta e todo xa que son biodrgradables!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario