Tiñamos unha misión: o coelliño de Pascua, xunto con Rufiño, agochara os ovos de chocolate que fixera no patio de infantil y, cada uno, tiñamos un PERO, para atopar o noso, debía a mestra repartir unhas cousas. Dentro da cestiña estaban a metade duns ovos de cores pero, a outra metade estaba pegada nun ovo de chocolate no patio. Así que, cada un, colleu a metade dun ovo.
Como podedes observar, cada ovo ten un diñeo e unhas cores distintas, polo que soamente podiamos coller a outra metade que é exactamente igual. No caso de atopar outra metade que non correspondera coa que cada un tiña, debían deixala no sitio para que a atope outro neno.
Así que, cos nervios a flor de pel, marchamos correndo o noso patio!!!!
Buscamos, buscamos e rebuscamos e TODOS ATOPAMOS A NOSA METADE E O NOSO OVO DE PASCUA!!!
E, cando iamos a clase, a profe Víctor pechounos unha das cancelas e soamente nos deixaba pasar se lle entregabamos o noso ovo de Pascua...será pillo??? Xabi e Carla déronllo e pasaron pero, despois, démoslle pena e nos perdonou podendo correr a clase!!
E sabedes cal foi a pregunta formulada nada máis chegar a clase???
Pois: "PROFE, PODEMOS COMELO XA?",jeje
Foi unha gran aventura de Pascua!!! Unha gran sorpresa!!! Para ver máis fotos, PINCHAR AQUÍ
No hay comentarios:
Publicar un comentario