viernes, 12 de abril de 2019

A PROFE PAULA REMATA A SÚA FASE DE PRÁCTICAS

      Hoxe remata as súas prácticas a profe Paula que, a parte de Logopeda, será unha magnífica mestra e nos tivemos a sorte de poder tela na nosa aula durante 6 marabillosos meses! 

       Durante todo este tempo, compartíu con nos o día a día, as ensinanzas, os momentos de traballo e de lecer,...pero, sobre todo, compartíu todo o seu agarimo, os seus bicos e os seus sorrisos. Os nenos e as nenas precisan tela na aula e ponse nerviosos se non a ven.

     Comezamos setembro sen ela e agora, meses despois, non podemos imaxinar a xornada escolar sen a Profe Paula. Supoño que, pouco a pouco, se farán a idea de que xa non virá a clase pero sei que, cada vez que chamen á porta, van estar agardando vela para poder abrazala fortemente.




     Este venres, 12 de abril, foi unha xornada especial onde non queríamos que Paula se esquecera de nós, polo que:

1º) DÉMOSLLE UNS DEBUXO QUE LLE FIXERAMOS




2º) ALGÚNS DÉRONLLE  UNS AGASALLOS PERSOAIS




3º) TAMÉN PAULA REGALOU UN CONTO PRECIOSO (que pasará polas casas)























4º) COMO, EN CADA FESTA, SEMPRE DEBE HABER UNHA MERENDOLA ESPECIAL!!!






A mestra trouxo "trapallada" pero cada neno/a aportou máis merenda!!



5º)  A PROFE PAULA REPARTÍU FOTOS QUE LLES FIXERA COA SÚA CÁMARA DURANTE TODO ESTE TEMPO NAS DIFERENTES CELEBRACIÓNS



6º) VIMOS O VÍDEO PERSONALIZADO QUE LLE FIXEMOS COA AXUDA DAS FAMILIAS.



7º) TAMÉN TROUXO O SEU AGASALLO COMO NOVA MESTRA: UN MALETIN E UN ESTUCHE



7º) E RECIBIU MOITOS, MOITOS, MOITOS BIQUIÑOS!!!



      Agardamos que veña visitarnos de vez en cando para aplastala cos abrazos e encher a súa cara de biquiños tenros pero, mestres, as familias, os nenos, as nenas e máis eu, a titora, elaboramos este pequeno mimiño como mostra do noso AMOR!!!


(Pinchar na imaxe de abaixo)



PAULA sempre formará parte da nosa infancia porque é unha GRAN MESTRA. QUERÉMOSTE!!!

PARA VER MÁIS FOTOS, PINCHAR AQUÍ!







No hay comentarios:

Publicar un comentario