Hoxe, coma todos os días, sobre as 11.30h comezamos a merendar. Cada un/unha sacou a súa merenda e charlaba cos compañeiros/as mentres sacaban os tuppers. Últimamente estou intentando que manteñan ordeada a mesa e mantendo a merenda e bebida nos tuppers ou ó lado, pero tendo a zona organizada (e o fan moi ben!!!), porque soen power unha tapa eiquí, o zume alí, o plástico das galletas acolá...e xa lles digo que todo o que poidan no tupper ou no lixo,jeje.
Pois iso, que estabamos falando e comendo, comendo e falando cando, de súpeto, frente a mín (que estaba con Efrén) comezou Blanca a cantar unha canción "moi moderna" dándoo todo (e que gracias a Dios descoñece o significado). Cada vez animábase máis o ambente polo que decidía grabalo.
Quero que sexades testigo da boa relación que hai na clase, na espontaneidade que da vida e enche de ledicia a nosa xornada escolar. Vale a pena velo na súa totalidade,jejeje.
ANOTACIÓN: Quedádevos con David nas 2 veces que se decatou que lle grababa,jeje.
"que Deus vos pille confesados"
buenissssimoo 😂😂😂😂👍
ResponderEliminar