Estivemos traballando estas semanas sobre o inverno e, a parte de estar co tema do Nadal, centráronse no frío, a neve e, sobre todo nos PINGÜÍNS. Nunha asamblea, acordamos facer cooperativamente un mural para a entrada na que os pingüíns sexan os protagonistas. Pero, para iso, fixemos unha lista do que precisáríamos:
Así que puxémonos mans á obra e conseguimos:
PAPEL AZUL: no armario de material había papel contínuo azul, era o ideal para que fora o fondo.
CHAN BRANCO: podíamos aproveitar os xornais vellos, cortalos, pegalos para facer o chan cheo de neve pero, como a neve é branca, podemos utilizaríamos pintura para cambiarlle a cor.
COPOS: os copos podíamolos facer con pintura e deixando a marca da punta dos nosos dedos.
PINGÜÍNS: habería que facer sesión de manualidades na clase onde decoremos ou montemos os nosos propios pingüíns.
OSO POLAR: o oso quedou pendente de facelo porque, de momento, tiñamos moito traballo (comentaban). A idea de Oso Polar é de Roi e, como é un gran amante dos animais, estou segura de que pronto o incluiremos no mural,jeje,
Así que despois de varios de días de manualidades, recortando, pegando, agardando que sequen as cousas...decidimos personalizar máis o mural coas nosas caras e un título moi dinámico e que nos define como grupo, non si?
Aínda quedan algún pingüíns por engadir e despois sustituiremos esta foto pero queríamos subir este artículo que tanto nos "molou" realizar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario