Xa sabedes que anda viaxando polas vosas casas o MALETÍN VIAXEIRO. É importantísimo que LEADES AS INSTRUCCIÓNS que hai dentro!!!
Lembrade que este ano quero que me mandedes FOTOS por e-mail con 1 ou 2 fotos dos vosos fillos cos peluches onde queirades (na casa, de excursión, nun centro comercial...), explicándome no mail BREVEMENTE algo sobre a foto, o que queirades. Os nenos DEBEN xogar cos peluches, inventarse historias, dormir con eles...o que queiran! para iso son: PARA DISFRUTAR!
Dentro do maletín hai:
1º O debuxo da mascota da biblioteca: Rufiño
2º As instruccións
3º A pauta para que vos guiedes escribindo no folio e non torcerse (lembrade que non se escribe nela, hai que poner o folio branco por enriba e xa se ven as liñas or debaixo)
4º A folla para que saibades o día que debedes entregar TODO de volta.
5º CONTO: ademáis adxunto unha copia das follas das páxinas do conto que fixeron as familias anteriores para que saibades continuar o conto.
ATENCIÓN!! NON POÑADES O NÚMERO DE PÁXINA NOS FOLIOS QUE FAGADES VOS, ESO XA O FAGO EU. Nas copias, como veredes, o poño eu a bolígrafo para que saibades a orde pero, nos orixinais, NON LLO POÑO.
Estamos moi ilusionados por ver como se vai desenvolvendo a historia porque sodes unhas magníficas familias, uns artistas! Este ano voltaremos a crear un conto espectacular! Cada mércores leremos as páxinas novas despois da asamblea e aviso: ESTÁ TENDO MOI BOA PINTA!
No hay comentarios:
Publicar un comentario