lunes, 8 de octubre de 2018

O MURAL QUE DEU NOME O NOSO BLOG

Despois de que secara o noso mural, espuxémolo na clase para observalo. Tiña moito colorido e resultábanos moi alegre e, entre todos, puxémonos a divagar que podiamos facer en el. Entón fumos recollendo as ideas que xurdían sobre qué facer e onde colocalo e, despois, votamos:

Trala votación, gañou a idea da profe María Patatfrita (por decisión popular aínda que non o pareza,jeje). Polo que decidimos facer pompas de cores coas nosas caras, escribimos debaixo o noso nome e colocamos o mural enriba do noso percheiro:



... e quedou tan bonito e alegre que os nenos e nenas decidiron que o NOSO BLOG se ía chamar "POMPAS DE CORES".

No hay comentarios:

Publicar un comentario