Estamos aprendendo as letras e, agora, a discriminalas entre vogais e consoantes. Nestes primeiros días centrámonos nas vogais "A,E,I,O,U".
E, a parte de reproducir a grafía de cada unha delas con rotuladores e pinturas, hoxe optamos por reproducilas con plastilina mentres se divertían cos seus compañeiros/as, como podedes ver a algúns deles.
Pero, sobre todo, o que máis lles gusta é reforzar estes aprendizaxes co seu adorado Mono Sílabo co que disfrutan cantando e aprendendo!!! Aquí vos deixo 2 vídeos desta personaxe tan peculiar!
PROGRAMA
CANCIÓN
No hay comentarios:
Publicar un comentario