Eiquí temos os nosos peques de 5 anos compartindo as actividades que están a facer estes días de calor:
Sofía deulle duro ás manualidades e xa é unha artista de papiroflexia.
Pablo aproveita para saltar na súa colchoneta e tratando de chegar ó ceo!!
Roi non sei se atopará dinosaurios acuáticos pero o que é seguro é que vai domiñar o crocodilo...
Marta aproveita para facer unha pasarela de moda na casa, luncindo os vestidiños con elegancia e estilo, jiji.
Iria aproveitou os días de máxima calor para ir á praia. Agardo que deixaras area e auga para os demáis,jejeje.
E Nicolás aproveitou para amosarnos a rúa de Pontevedra que lle puxeron co seu nome. Un honor! Con 5 anos e xa cunha rúa! Non quero pensar cando teñas 50 anos!!! jajaja
Outros mandaron tamén fotos pero relacionadas co último proxecto así que...mellor non desvelar nada aínda,jeje.
No hay comentarios:
Publicar un comentario