miércoles, 29 de abril de 2020

XOGO "TRES EN RAIA" .- Tarefas 20-30 abril

Unha das tarefas que propuxemos foi a creación do noso propio xogo TRES EN RAIA. Podiades utilizar a plantilla que vos mandei ou personalizar o xogo como vos queirades. Así que, eiquí as primeiras fantásticas elaboracións!


ERIK D. utilizou a temática de Súper Mario Bros e fixo 2 magníficos xogos. Quedou súper chulos!









PABLO C. pasao pipa xogando na súa casa, eh?



ERIK L. fixo a base de cartón e pintouna coma se fose un xardín para as xoaniñas. As xoaniñas están feitas con cáscara de noces. Precioso!





CHRISTIAN fixo unha versión súper divertida con spinners e pinturas de cores. Está xenial! Bo traballo!







SOFÍA fixo unha estupenda versión con material de refugallo. Unha moi boa idea e...
non lle estarás dando unha "paliza" o teu irmán,non?jaja






AMANDA fixo, xunto coa súa irmá Daniela, un xogo súper "ideal" cunhas xoaniñas que quedaron preciosas. Non abuses da tía irmá, Amanda! jeje





PABLO F. fixo o xogo na plantilla enchéndoa de cores vivos e uns pomponciños moi amorosos son as pezas para xogar. Precioso, cariño!



DAVID aproveitou a plantilla e utilizou botóns de cores para xogar ó xogo. Que boa idea! Coa miña avoa tamén xogaba así!


LEO ten un xogo moi doce porque utiliza como pezas os ovos de chocolate! O que non sei é se puido rematar de xogar con todas as pezas en perfecto estado,jaja.



ROI tanto reutiliza tapóns de botellas de auga para xogar como os seus adorados animais. El escolleu: coello, dino rex e bebé león...adiviñade quen gañou? Pois Roi!!!!






CARLA fixo a súa versión tan "cuqui" personalizando as pezas con masa, non? unhas espirais preciosas e un xogo divertido!





2 comentarios: