Como sempre estamos poñendo actividades e retos para todos, nesta ocasión ímonos centrar os recursos para que o alumnado TEA tamén poida facer. Os recursos, actividades,...que hai en cada apartado están en contínua actualización, incorporando material novo polo que vos recomendo que as visitedes de vez en cando.
En RECURSOS E COMUNICACIÓN atoparedes webs de referencia que ofrecen moitos recursos, materiais....
En ACTIVIDADES MANIPULATIVAS atoparedes recursos manipulables para facer cadernos, fichas, tarxetas, caixas, paneis,...material manipulativo.
Para o material en formato PAPEL recomendable contar con impresora (b/n e a color), unha plastificadora e caixas, carpetas,velcro,...para gardar ordeadamente o material que fagades e telo organizado e a man.
(é recomendable que plastifiquedes o material en papel e utilizar materiais duradeiros dentro da posibilidade, dado que será un material que o peque utilizará moitas veces e debe ter cerca durabilidade no tempo)
En ACTIVIDADES INTERACTIVAS atoparedes moitas APPS coas que poden aprender xogando, reforzando destrezas e coñecementos,...os enlaces que poño, son para sistema operativo iOs e para Androis, dependendo da app (algunhas son para ous dous sistemas pero, outras, so están feitas para un en concreto)
AGARDO QUE VOS SEXA ÚTIL E NON VOS ESQUEZADES DE REVISAR AS PÁXINAS PARA DESCUBRIR NOVAS COUSAS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario