viernes, 27 de marzo de 2020

RETO COCIÑA: QUE LLE DAMOS Ó DINOSAURIO REXI PARA COMER?

O noso dinosaurio Rexi atópase un pouco triste porque non están os mocosaurios nin as maripuris na clase. Está acostumado estar con eles e con elas na clase e logo marcha sempre a casa do encargado/a do día. Está tan mal acostumado que agora bota de menos ese movemento, esa festa!!!

Por iso, propúxolles un reto ós pequenos, "O RETO DA COCIÑA" onde teñen que amosarlle que receita farán para el o día que o estado de alarma remate e poida ir as súas casa e facer UNHA FESTA!! Este Rexi é un lambón de caray!!

Imos ir subindo as recetas a medida que as vaiamos recibindo a este post, ESTADE ATENTOS!!! Os peques engaden tamén as recetas por se queredes facelas tamén nas vosas casas!


Roi e mais o seu pai puxéronse mans á obra na cociña...


Que estarán preparando? Vexo que están escachando noces...


Roi ten unha varilla da batidora PERO ten unha mancha de chocolate sospeitosa xunto a boca...


E aquí engrasando un molde de DINOSAURIO!!!


Coidado, non te quemes!!! Pero que preparaches?


UN BROWNIE DE CHOCOLATE!!! EU QUERO! EU QUERO!


Terei que quedar coas gañas pero aquí nos deixa a receita e, de seguro que a fago! e vos? 

GRACIAS ROI!!



O uso da Thermomix é ideal para que utilicen os peques CON SEGURIDADE E COA SUPERVISIÓN DUN ADULTO. O asunto é que evitan o lume e é sinxelo a súa utilización. Sofía, pecaches como acabamos pecando todas,jajaja.


Sofía vai facer galletas. Puxo todos os ingredientes, mesturounos 
e saca unha masa ideal para traballar.


Sofía vese moi solta no uso do rodillo! que marabilla! Vemos como estira ben a masa ata deixar o grosor para as galletas.


Despois, con axuda dos moldes de galletas que máis lle guste, vai facendo as galletas e poñéndoas enriba dunha bandexa que irá ó forno (co molde engrasado ou con papel especial para iso)


Nada mellor que ter a axuda do seu irmán Hugo para divertirse mentres cociñan...a axuda dun pinche é mellor!



 A PARTE MÁIS DIVERTIDA!
 Pintar as galletas con ovo para que saian máis brillantes.


Mmm!! Que boa pinta! Quedaron algunhas ou foron devoradas?


Aquí vos deixa Sofía a receita (sen utilizar a Thermomix).
É moi sinxela e rápida de facer...animádesvos?


 GRACIAS SOFI!!!!



Carla é moi habitual que cociñe. O día anterior preparou masa de pizza, polo que lle veu xenial para facer esta receita.





Estou subindo as fotos e é hora de xantar...estouno levando FATAL!!!jajaja...Carla, creo que esto é un pecado con tan so velo!!
Pintaza!! 



Carla vos deixa a receita pero hai medidas que son a ollo como é coa fariña, auga...tedes que ir valorando. 



 GRACIAS CARLA!!


Pablo Castro amosa la importancia de ter todos os ingredentes preparados antes de comezar a facer a receita. Ter todo organizado é primordial para non levar sorpresas, non si?


Olé! Unha súper batidora para amasar mellor e non cansarse tanto! A modiño e con coidado para non tirar nada...Moi ben Pablo!


Todos os ingredentes listos para amasalos.


Quedou todo moi ben mesturado e agora...


...métea nun molde con papel de forno para poder desmoldalo despois de maneira sinxela! 


Menuda pintaza! Que rico biscoito para merendar 
ou almorzar,non si?



Pablo vos deixa a receta para que a fagades na casa tamén! 




 GRACIAS PABLO C !!



Nicolás decidíu facer un biscoito para diabéticos porque a súa nai tamén o é, polo que non vai utilizar azúcar. Boa idea, campión!


Mirade a Piggy como tamén axuda coidando os ingredientes!


Xa listo! Co seu maldinciño para non marcharse e Nico ponse mans á obra coa súa receita.


Meu Deus! Que forza tes!


Non sei cómo interpretar esta foto pero creo que Nico estalle gustando esto de utilizar a batidora!!! Así é moi mellor mesturar os ingredentes!


Ten boa pinta,non?


Agora bota a masa no molde e realmente é un fenómeno porque o fai xenial, con moito coidado e sen verter nada fóra! Estou abraiada!



Xa está listo para meter no forno pero...mellor que o fagan os adultos, non si?


E eiquí Nico coa súper nai e cun postre DELICIOSO!!! Artistas!!


Nico vos deixa a receita, animádesvos?



 GRACIAS NICOLÁS !!


Marta vai facer unha receta con polbo, o que non contou e se fora pescalo ela!jajaja.  Eiquí vémola moi acendosa facendo a receita...que cociñeira estás feita!

Despois de ter todo triturado, é o momento de facer as croquetas, dándolle forma e rebozándoas! É un paso un tanto "cochino" pero É TAN DIVERTIDO!!!! a que si?
Para finalizar hai que freír pero iso...mellor deixarllo a mama,non si?





E aquí o resultado final. No son croquetas son CROQUETONES!! Eu quero!!! eu quero!! mmm




GRACIAS MARTUKI!!!!



Ainara xa está metida en faena. É "chachi guay" utilizar a batidora!



Despois de mesturar todos os ingredentes, hai que deixar reposar a masa...mirade que ordenadiño ten todo!! 



Logo precisamos facer as filloas nunha sartén polo que, ese traballo mellor que o fagan os adultos, e Ainara...MELLOR QUE AS PROBE A VER SE ESTÁN BEN FEITAS!


Para finalizar pódense rellenar do que máis os guste e,Ainara, xenial a idea de poñer a A con nata! Orixinal!!



Ainara vos deixa a receta e vos, como as preferides: con azúcar, mel, chocolate, nata,...???


GRACIAS AINARA!!!


Temos a Efrén todo ocupado porque non pode atendernos, eso de amasar é moi divertido pero da chollo, non si, Rubiales?
Creo que estás a preparar un postre moi PERSONALIZADO, non si?



E eiquí temos ó cociñeiro xunto co seu postre personalizado: OS EFRENTITOS!!!mmm...deliciosos!



Así que agora é o voso turno, non si? pero vixiade que non vos roben antes de poñelas na mesa que hai moitos devoradores "pululando",jejeje.



GRACIAS EFRÉN!!!


Erik D. fixo un postre que, a parte de delicioso, gústalle moito.



Ten moi boa pinta! A verdade é que a presentación é espectacular, Erik. Comíchelo ti so o deixaches algo para os demáis? jeje



Menudo flan! Co carameliño e así tan brillante dan gañas de comelo na pantalla!



Podedes facelo así en grande ou en flaneiras individuais pero, sexa como sexa, eiquí tedes a receita que Erik comparte para vos:


GRACIAS ERIK!!!



Leo é un experto cociñeiro e ten que estar ben vestido co mandil e o gorro para cociñar!


Non hai nada mellorn que facer un descanso e recuperar forzas tomando un anaco de sandía fresca, non si?



Porque Leo non fixo unha, nin dous, nin tres recetas,...fixo moita comida, tanto típica de Brasil (de onde é a súa nai) como de Galicia. Non hai nada mellor que aprender novas e deliciosas comidas...eiquí compartiu Leo varios vídeos do ben que o pasa cociñando!





Así que, se queredes saber máis, ou a receta, ou ben mirades por internet ou...que nos invite a comer a casa!!!jejeje.  


GRACIAS LEO!!!


Christian está pasando estes día coa avoa e fixo este delicioso manxar. Vese moi solto cociñando, así me gusta!!!


GRACIAS CHRISTIAN!!!


O pai de David estaba de aniversario e David aproveitou para facerlle unha tarta.


Pero hai que ter moito coidado coa cociña que quema!!!


Parece o mismísimo cociñeiro de Estrela Michelín!


Ben: CHEGOU O MOMENTO!!! 
O gran momento do chocolate e das galletas!! 



Confírmasme que non comiches nada de nada mentres a estabas facendo? eu non sei se podería aguantarme!!!


Quen di que non se traballa a psicomotricidade fina cociñando? esta imaxe o di todo!! olé!


Coidado co equilibrio!! que non se caia!! menuda forza, tío!


TACHÁN!!! A tarta para papi feita!!! Menuda pintaza!

Como supoño que non quedaría nin as migas, aproveitarei a receita para facer unha para mín...animádesvos a facer a vosa?


GRACIAS DAVID!!!



Xabi ten todo ben ordenadiño e listo para comezar a súa receita...mmm...vexo cacao por ahí...


Xabi, tes que perdoarme pero, esos ollos, a expresión da boca e cun ovo na man...non me ten boa pinta! jajaja. Non pensarás escachalo contra o chan ou enriba de mamá, non?


Menos mal! O ovo era para batilo!


Dalle, dalle!!! Ten coidado que non caia por fóra do bol.


Olé! Mira para que era o cacao! Para incorporalo na masa...

 

Mellor que te axuden a suxeitar o bol porque agora hai más masa e hai que facer mási forza pero, que vas facer?


ooooohhh!!! Tortitas de cacao! mmm... Supoño que hai que botar a masa, a poucos, nunha tixola pero iso fíxoo un adulto, non si?


Xa vexo que non che gusta nada de nada,jajaja. 


Deixarías algo para os demáis, lambón! jejeje


Se queredes facer as vosas nas casa, 
aquí tedes a receita que nos deixa Xabi:



No hay comentarios:

Publicar un comentario