CONVERTIRNOS EN EXPLORADORES E EXPLORADORAS DA INFORMACIÓN!!!
Nun taboleiro hai letras grandes. Identificamos cada unha e logo, ó lelas, descubrimos que ponía CHINA. Os peques dixeron que era un país de lonxe onde "as persoas teñen os ollos así profe (rasgados)", dixo Carla.
Debaixo das letras hai 3 carteis grandes de cores e vimos que, o de cor amarelo, era para INFANTIL. Neses carteis había unha pregunta que tiñamos que adiviñar. Así que linlle a pregunta e as 3 respostas posibles. Todos tiveron moi claro cal era a resposta!!!
Entón cada un tipo que coller unha tarxeta da cor do noso cartel (AMARELO) e cubridlo cos seguintes datos:
NOME
CURSO
RESPOSTA (rodeala)
Despois de encher a tarxeta, tivemos que metelas no buzón da mesma cor.
Cada semana haberá unha NOVA MISIÓN que debemos resolver. Todos os participantes recibirán un CARNET/PASAPORTE DE EXPLORADOR/A e, cada semana que resolvamos ó enigma, recibiremos un selo como premio.
Estamos moi, moi ilusionados con esta nova aventura. A próxima semana, que será? xa o veredes!
No hay comentarios:
Publicar un comentario