viernes, 14 de diciembre de 2018

ADORNOS DA ÁRBORE DE NADAL


    Como cada ano, o ciclo de infantil é o encargado de decorar a árbore de Nadal que colocamos na entrada do colexio. É un adorno que despois levarán para as súas casas para que sexa un adorno especial nos seus fogares e que cada un elixiu o que quería facern(aínda que, como xa sabedes, cada un foi dicindo as mesmas cousas dos compañeiros)

    Este curso fixemos varios colgantes utilizando depresores e paus de xeado:


RENOS


BONECO DE NEVE


ÁRBORE DE NADAL


Despois todos xuntos, fomos colocalos na árbore nos montou Sergio, o conserxe, onde cada un/unha o colocou onde máis ale gustaba.


 A verdade e que quedou moi bonita co resto dos adornos que fixeron tamén os de 3 e 5 anos. Temos uns compañeiros de ciclo que son uns verdadeiros artistas!!!!



Foi unha manualidade que nos levou moito tempo porque tivemos que agardar a que secaran a veces a pintura ou o pegamento pero, quedaron bonitos, non si? 








No hay comentarios:

Publicar un comentario