lunes, 15 de octubre de 2018

UN AGASALLO SORPRESA

Hoxe chegamos do recreo e fixemos fila fóra da aula, coma sempre. As mestras María e Paula agardaron na porta mestres todos entrábamos ordeadamente e respetando o turno cando, de súpeto, todos comezaron a berrar e veu Pablo F con el na man para amosarme o que atoparan enriba da alfombra de chocolate, UN AGASALLO!!!!! Así que, despois de moitos nervos e ilusión por descubrir o que era, nada mellor que este pequeno vídeo explicativo:


Despois atopámonos coa dúbida de como se podría chamar, polo que optamos por investigar un pouco sobre os nomes que soen ter os indios norteamericanos, os nomes máis famosos así que, puxémonos a personalizar o nome do noso INDIO:


 Como non podía ter todos os nomes xuntos, procedimos a votar polos que máis nos gustaban e, o gañador, por 13 votos, foi:


Polo tanto, aquí vos presento a nosa nova mascota OSO GRANDE!









No hay comentarios:

Publicar un comentario