miércoles, 19 de septiembre de 2018

A VOGAL A


Empezamos o curso repasando as vogais que xa coñeceramos o curso pasado. Por iso, aprendimos cancións das vogais e, despois, fixemos cada un a grafía da letra na pizarra.




Despois realizamos a letra con plastilina como na foto:





Pero o que máis lles gustou foi utilizar o teclado. Foi divertido buscar a vogal entre todas as letras e, cando a atopaban, preméronlle soamente unha vez para que quedara reflexada na pantalla. 



Os demáis compañeiros comprobaban na PDI se o compañeiro/a o facía ben ou mal mentres agardaban o seu turno na mesa, xa que temos que manter un orden na clase.




Finalmente, pasamos pola mesa da mestra un por un para COMEZAR A LER!!! É a nosa primeira vez e estabamos moi emocionados. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario