Hai unhas semanas propúxose o último RETO do curso, que podedes ver pinchando na seguinte imaxe:
Non hai nada mellor que levar a cabo un reto "loco e divertido" para poñer punto final a este curso escolar "diferente".
Este ano rematamos ciclo e houbera desexado outra forma de rematalo pero, aínda que esteamos separados físicamente, non quere dicir que de corazón non sigamos unidos.
No reto propuxemos varias cousas:
1º.- ESTAR PERMITIDO DICIR "CACA, CU, PEIDO, PIS" durante o reto por motivos educativos e xustificado pola mestra.
2º.- Coñecer a LITERATURA onde a CACA é o tema central e que, aínda que poida resultar cochino, tamén resulta moi divertido. Pero, ademáis, temos un autor e gran ilustrador en Pontevedra que publicou "FIZ", cuio protagonista é moi motivador para facer cousas. Estamos a falar do gran KIKO DA SILVA e algúns peques realizaron uns retratos moi logrados!!
AINARA
DAVID
NICOLÁS
3º.- Realizar manualidades CON CACAS FLUORESCENTES O FOSFORITAS.
4º.- Tamén aproveitaron para facer COUSAS "ASQUEROSILLAS" relacionadas co album ilustrado "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza".
CACA - CUPCAKES
CACA DE PLASTILINA
5º.- Xa que moitos e moitas temos mascotas, queremos concienciar á xente que hai que manter limpa a rúa e debemos recoller os excrementos que deixen cando imos pasear os nosos cans e cadelas. Por iso, algúns elaboraron uns CARTEIS DE CONCIENCIACIÓN.
ERIK D.
PABLO C.
SAIRA
6º.- E, para rematar o reto, non hai nada mellor que música e, se a iso lle sumamos MÚSICA + CACA + RISAS, temos como resultado este marabilloso VIDEOCLIP. (Gracias a todo o equipo técnico que hai nas casas por facer de operadores de cámara, realizadores,...jejeje. Sen vos, esto non sería posible).
AGARDO QUE VOS GUSTE!!! (pinchade na imaxe)
No hay comentarios:
Publicar un comentario