lunes, 4 de mayo de 2020

MALETÍN DINOXOGO e MOCHILA VIAXEIRA

MALETÍN DINOXOGO

Neste curso escolar estivo viaxando DINO por todas as casas dos peques de 5 anos.

Pasaba unha semana con cada un e, cada familia, lle amosaba un xogo porque, como lembrades, Dino non sabía xogar e decidimos, entre todos, que podíamos axudarlle.

Debido ó COVID-19, esta viaxe viuse paralizada e quedou o maletín na casa de Pablo Fernández.

Nesta ocasión, comezou a viaxe de ABAIXO - ARRIBA, é dicir, empezou polo número 23, Amanda, e cada semana íamos subindo na lista pero...ahí quedou no nº 11. Pero non vos preocupedes porque, rematar, rematarémolo todos en canto poidamos!!!




Así que estade tranquilos porque DINO irá ás casas dos que están pendentes, vale?



MOCHILA VIAXEIRA


Neste curso escolar, tamén estivo viaxando MOCHILA VIAXEIRA por todas as casas dos peques de 5 anos.A mochila levaba libros, contos ilustrados, película,...da nosa Rufiteca para que leran e disfrutaran os peques, imaxinando mundos fantásticos e vivenciando historias formisables. Este curso quedou paralizada a súa viaxe polas casas, coma o maletín, pero CONTINUAREMOS.






No hay comentarios:

Publicar un comentario