Carla e mais o seu irmán, Alan, están que non paran. Son pura enerxía e aproveitan este tempo para moverse e activar o seu corpo que é MOI IMPORTANTE!! Eiquí os temos nunha clase de xumba!!
Pero non todo é bailar, tamén teñen tempo para relaxarse e ver unha película comendo lambonadas que gustan moito a todos!!!
E que tal se pintamos un pouco? Pintar con pincel é xenial pero xa vemos como Carla ten moito coidado para non marchar nada e protexe a mesa. Que debuxo tan bonito! Es unha artistaza!
E tamén hai que buscar un momento para o traballo individual, para concentrarse e reforzar as aprendizaxes. É moi importante non deixar esta rutina.
E Carla remata cun pequeno vídeo onde está lendo e empezando coas frases máis longas! Segue así, un pouquichiño cada día, e poderás ler e divertirte con todo o que sexas capaz de ler!
No hay comentarios:
Publicar un comentario