miércoles, 13 de noviembre de 2019

CONVERTÉMONOS EN PROFES DE LECTURA

Hoxe levamos unha experiencia diferente. Convertémonos en mestres e mestras dos compañeiros/as. 






No PLAN LECTOR repartimos unhas follas onde aparecían as vogais que estivemos traballando en minúscula. Estaban mesturadas e había moitas pero, como bos e boas mestres e mestras, axudábanlle  a seguir a lectura guiándolles co dedo.





Foi unha experiencia moi positiva que, de seguro, repetiremos a medida que vaiamos adquirindo máis destreza lectora.










Aquí vos deixo un pequeno video que é testigo deste primeiro día (está en modo PRIVADO, polo que soamente o podedes ver co enlace ou véndoo desde este blog, non  atoparedes directamente de Youtube):

No hay comentarios:

Publicar un comentario