1.- CONTOS DIXITAIS
2.- CANCIÓNS
Despois de ver, ler e reler as historias, decidimos elaborar os nosos monstruos. Para iso precisamos de varias cousas, así que buscamos na rede, seleccionamos e sacamos plantillas con moitísima variedade de todas as pezas que precisabamos.
- Corpos de mostruos (corpos estrelados, corpos derretidos, corpos apulpados...)
- Ollos (grandes, xuntos, enfadados, ...)
- Bocas (grandes, pequenas, con dentes,...)
- Cornos (retorcidos, raiados,...)
Todo isto sumado a enchelas de cor coas nosas pinturas, tesoiras e pegamentos...
Con todo impreso, todo clasificado e todo ordeado, metímonos mans á obra e A CREAR O NOSO MONSTRUO!!!!
E quedaron cousas tan chulas como esta de Efrén...
... e, como estaban tan tan tan bonitas, decidimos facer o noso mural MONSTRUOSO na cortiza do corredor!!
Pero como esto de crear e "construir" monstruos nos gustou, que utilizamos un anaco de cartón e deixamos voar a imaxinación. Tanto, tanto, tanto voou, que impregnamos de pintura unhas esponxas e conseguimos unha mancha multicor. Despois de secar marcamos os bordes, para logo enchelo de maneira cooperativa cos elementos que querían aínda que, este bichiño, semella ter moitos corniños pero...será por iso máis malo?
Pero temos dous problemas que xurdiron hoxe na clase:
1º) Non sabemos se é macho ou femia
2º) Temos que poñerlle nome.
Por iso, deben pensar durante o fin de semana e deben traer O LUNS:
O NOME DO MONSTRUO NUN PAPEL
ESCRITO POR ELES E ELAS.
O luns, despois do recreo, faremos a posta en común, expoñerán as propostas, votaremos e elexiremos UN NOME GAÑADOR.
No hay comentarios:
Publicar un comentario