Por iso, despois de estar falando coas outras clases, decidimos que podiamos elaborar e personalizar as nosas propias bolsiñas para transportar mellor os contos que collamos de préstamo da Rufiteca, sen ter problemas co tamaño do libro. Así que, puxémonos mans á obra!!!
1º) Todo o ciclo de infantil mercamos unha bolsa de tea para cada neno e cada nena.
2º) Precisamos, entre outras cousas, unhas esponxas.
3º) Tamén precisamos duns stencils (plantillas)
5º) Coas plantillas, as esponxas e as pinturas para tela, fixemos as nosas creacións. Aínda que tamén utilizamos os nosos dedos para crear libremente!!
6º) Por último, puxemos as bolsas a secar para que a pintura agarrara mellor.
7º) Rematamos indo á Rufiteca a coller os contos.
LEMBRADE QUE AS BOLSAS CO CONTO DEBEN TRAELAS OS XOVES, que é o día no que van a ir á Rufiteca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario