domingo, 20 de enero de 2019

1º DEBUXO COOPERATIVO

O pasado venres levamos a cabo unha actividade moi divertida no que era importante formar equipo, valorar o traballo dos compañeiros e facer, a súa vez, un bo debuxo para outro compañeiro:

DEBUXOS COOPERATIVOS


A actividade consiste en:

1º.- Repartir un folio a cada un/unha. O único que figura na folla é o número que lle corresponde a cada un na lista de clase.



2º.- Cando a mestra mande, cada un empeza a facer os seus debuxos co lapis. Nesta ocasión non había temática, podían debuxar libremente o que querían.


3º.- Ó avisar a mestra cun "CAMBIO", cada un saída da súa mesa co seu lapis pero deixando o papel na mesa e se sentará noutra cadeira para continuar debuxando noutra folla e continuar, asemade, o debuxo que comezara outro compañeiro/a. 

4º.- E esto repetirase varias veces máis.


5º.- Por último, cada un/unha regresa o seu lugar e comeza a colorealo.

Estes debuxos quixeron levalos a casa para amosarlles ás familias o ben que o pasaron pero, como é unha actividade que imos voltar repetir, subiremos as imaxes de como quedaron os debuxos. 

Mentres, os deixo un pequeno video resume do "mal" que o pasaron,jeje.



No hay comentarios:

Publicar un comentario