viernes, 11 de enero de 2019

AGASALLOS POLO NADAL

O martes, 8 de xaneiro, chegamos moi ilusionados a clase porque tiñamos gañas de ver os nosos compañeiros de clase. Cal foi a nosa sorpresa que, o abrir a porta, decubrimos que Papá Noel nos trouxeran...

A ALFOMBRA DE COLORÍNS QUE PEDIMOS!!!


E enriba dela había máis cousas. Achegámonos a velo e...

ERAN OS LÁPISES, AS GOMAS E AS PINTURAS
 COMA OS DOS NENOS MAIORES!!!




Menuda sorte tivemos!! Agora xa medramos e temos que utilizar material coma os maiores e así imos escribir con letra máis pequena e colorear máis detidamente sen sairnos tanto por fóra. Eso si, temos as caixiñas cheas de cores para poder elexir e facer os nosos traballos con moita alegría. A profe nos dixo que non cre que dure moito esta primeira goma (pero nos non sabemos por que o di,jejejeje).



E así comezamos outra andadura na aula, coidando ben as cousas, sendo limpos, ordeados e esforzándonos por mellorar.


No hay comentarios:

Publicar un comentario