miércoles, 12 de diciembre de 2018

OS RECUNCHOS DE XOGOS

A parte de traballar, tamén contamos na xornada escolar cun momento para xogar libremente nos recunchos, por equipos, que van rotando pola semana:

1.- RECUNCHO DA ALFOMBRA 

     Onde xogamos cos animais, construccións, bonecos pequenos,... como observades non hai alfombra porque houbo un pequeno percance de saúde dun dos pequenos e tivemos que retirala para lavala. 





2.- RECUNCHO DA CASIÑA

     É un espazo de xogo simbólico no que nenos e nenas disfrutan na cociña, inventando historias e dialogando entre eles/as. Como observades cambiamos a ubicación e sustituimos a cociña por outra nova máis grande.



3.- RECUNCHO DA BIBLIOTECA 

    Aquí realizan actividades relacionadas coa lectoescritura e os números, ordenan a serie numérica con nº de espuma ou con cubos aplicables, montan un puzzle de números, debuxan, escriben libremente, leen, fan actividades con xogos no que precisan pensar,...



4.- RECUNCHO DO ARMARIO
      Onde os pequenos atopan puzzles, dominós, pinchos de plástico,...onde teñen que pensar e disfrutar. 
         Cos puzzles deben manter un orden, as pezas sempre dentro das caixas/tapas para que non se caian ó chan, dividir as pezas (cada caixa inclúe 2 puzzles) e depois tratar de reconstruílo. Agora fan os de 20 pezas pero xa están preparados para outros máis complexos: os de 48 pezas.

                           


     Sempre tratamos de aprender e disfrutar. Pórtanse moi ben e tiñen moi claro o que deben facer:

1) Os xoguetes de cada recuncho non se poden levar para outro, deben coidarse.

2) Cando soe a canción, saben que remata o tempo de xogo nos recunchos.


3) Cada neno/a debe recoller o seu recuncho e deixar todo como estaba.

4) Cando se remate, poden axudar ós outros equipo a recoller.


  Así que se vinde a última hora, estarán xogando todos pero, aínda que pensedes que todo está desordenado...non é así, está todo en movemento pero cada cousa no seu sitio e, nuns 5 minutos, se recolle a aula!




-





No hay comentarios:

Publicar un comentario