PERSONALIZAR BOLAS DE NADAL
Así que precisamos:
- BOLAS DE DIVERSAS CORES PARA ELEXIR (vermellas, prateadas e douradas)
- AS LETRAS DAS INICIAIS DOS NOSOS NOME
- TROQUELADOS DE COPOS DE NEVE
- COLA BRANCA
- E PURPURINA (que non pode faltar!!!!!)
- TODO ISTO XUNTO CON PACIENCIA.
Polo que, por turnos, fomos pasando pola mesa de arte (ou mesa da imaxinación,jeje), personalizando cada bola coa cor que máis nos gustaba, a inicial do noso nome e os copos de neve. Tiñamos que ter coidado porque era un pouco complicado dado que a bola era redonda e, en ocasión, se movían as cousas pero CONSEGUÍMOLO!!
Por último, botámoslle "purpu" (purpurina), agardamos que secara e AQUÍ AMOSÁMOSVOS O RESULTADO!!!
Así que quedamos encantados con estes adornos personalizados por cada un de nos que desexamos adornen as árbores dos nosos fogares neste nadal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario